viernes, 16 de noviembre de 2012

O Magosto

O Magosto sexa tal vez, a festa máis importante do outono. Celébrase entre o día 1 de novembro (Día de Todos os Santos) e o día 11 de novembro (San Martiño). Nos sitios nos que máis tradición hai en Galiza de celebrar o Magosto celébrase o día de San Martiño como en Ourense. Aínda que o máis tradicional de festa do Magosto é facer unha fogueira e asar as castañas para logo comelas, tamén son importantes outros productos típicos desta época do ano. Por exemplo, próbanse os chourizos e o viño novo.
É común que a xente pinte a cara coas cinzas da fogueira y saltan aorredor dela porque se di que da sorte, así como realizar xogos tradicionais, contar historias e contos e cantar cancións populares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario